ÁREA RECREATIVA DO
CHAO DO POUSADOIRO
Unha fermosa área recreativa arredor do río Eo no concello de Ribeira de Piquín.
Na área recreativa do Chao do Pousadoiro, tes á túa disposición unha plácida praia fluvial, para que poidas gozar dun baño relaxante.
Escápate da rutina diaria e ven a rodearte de bosques naturais, árbores milenarias, hábitat de troitas e salmóns, aves que sobrevoan as lendas e o relax máis esperado, podes atopalo nesta fermosa zona.
Un fermoso lugar para gozar dunha deliciosa comida rodeado de natureza, onde tamén tes baño, vestiario e ducha.
Por esta área recreativa tamén pasa a ruta Chao do Pousadoiro-Muiño de García e o río Eo sorprenderache cunha fervenza de augas puras e cristalinas.
Date un respiro e entra no mundo da Ribeira de Piquín, deixa voar a imaxinación e soña coa herba fresca deste recuncho natural, ideal para darse un chapuzón e esquecerse un intre da monotonía. Unha boa forma de osixenar corpo e mente.
VISTA 360º
Ribeira de Piquín, un lugar para gozar
Aloxamentos rurais, restaurantes e actividades para descubrir o noso concello.
Restaurantes en Ribeira de Piquín
Nesta zona da montaña luguesa chamada Ribeira de Piquín temos para ti e os teus ese encanto especial que lle confire aos nosos produtos gastronómicos un sabor único e auténtico.
Aloxamentos en Ribeira de Piquín
Calidade e amabilidade é o que atoparás no turismo rural en Ribeira de Piquín, onde as casas rurais están en perfecta armonía coa pureza da paisaxe da comarca.
Sendeirismo en Ribeira de Piquín
En Ribeira de Piquín hai tres rutas homologadas que podes escoller, manterte en forma, gozar das vistas ou coñecer a cultura e a gastronomía do noso entorno.
Natureza en Ribeira de Piquín
A natureza da Ribeira de Piquín caracterízase pola paisaxe formada polo río Eo no seu curso alto. Vales e montañas profundas con espazos cheos de vexetación.
Lugares en Ribeira de Piquín
Tesouros por descubrir en Ribeira de PiquínRibeira de Piquín ten lugares de natureza case virxe e...
Cultura en Ribeira de Piquín
Os montes da provincia de Lugo están cheos de tesouros únicos, como as moitas aldeas que se atopan no concello de Ribeira de Piquín.
Historia en Ribeira de Piquín
Recorre as innumerables mostras patrimoniais de Ribeira de Piquín, coñece a igrexa dos Baos e as súas caveiras, así como a capela hexagonal de Boel.
Festexo da Troita de Ribeira de Piquín
Esta festa da Ribeira de Piquín ten como principal protagonista a pesca da troita. Nela, que se celebra en maio, hai varias actividades, incluído un concurso de pesca nas variedades de arrastre, cebo e mosca, comida popular e verbena.