Pesca en Terras de Burón
Terras de Burón é o lugar ideal para planificar as túas escapadas e chegar a un lugar onde gozar do turismo cinexético. Gozarás das nosas fermosas paisaxes virxes nunha zona con moito encanto que forma parte da Rede Natura 2000 e das Reservas da Biosfera.
cotos de pesca
Á Fonsagrada
Na Fonsagrada, os principais cotos atópanse en Lamas e Suarna. En Lamas atopamos a Ponte de Cereixedo para pescar sen morte e a Ponte da estrada entre Cereixedo e Vilagocente para a troita. En Suarna, a Xunta do río Lamas.
As casas expendedoras da Fonsagrada son Casa Arango e Cervecería O Barril.
Negueira de Muñiz
Os cotos de Negueira de Muñiz desenvólvense en dous tramos do río Neira. O primeiro para pesca sen morte en Pasarela de Carballal e o segundo de troitas en Presa do Muiño de Corbeira.
Ribeira de Piquín
En Ribeira de Piquín hai un caladoiro sen morte en Presa do muíño de Andrés, no río Rodil. Tamén hai para a troita na Xunta do Rodil. A casa expendedora está situada na Casa Horacio en O Chao do Pousadoiro.
Rede Natura 2000 e reservas da biosfera
Os ríos da zona son de enorme beleza e proporcionan un ambiente ideal para practicar a pesca da troita en modo sen morte. Os nosos ríos están dentro da Rede Natura 2000 e das Reservas da Biosfera declaradas pola Unesco. Atréveste a coñecelos?
Aloxamentos na Fonsagrada
Planifica a tua axenda, busca ese oco que ansias para disfrutar e achégate ao turismo rural de calidade que che ofrecemos na Fonsagrada.
Aloxamentos en Ribeira de Piquín
Calidade e amabilidade é o que atoparás no turismo rural en Ribeira de Piquín, onde as casas rurais están en perfecta armonía coa pureza da paisaxe da comarca.
Turismo Rural en Negueira de Muñiz
Ven a descubrir outro xeito diferente de relax e goce en Negueira de Muñiz, con aloxamentos e cómodas casas rurais para gozar da contorna.
Gastronomía na Fonsagrada
Ademais da paisaxe, A Fonsagrada é coñecida pola boa comida, elaborada con ingredientes naturais de máxima calidade que lle dan aos nosos pratos un auténtico sabor que deleita os padais máis...
Restaurantes en Ribeira de Piquín
Nesta zona da montaña luguesa chamada Ribeira de Piquín temos para ti e os teus ese encanto especial que lle confire aos nosos produtos gastronómicos un sabor único e auténtico.
Restaurantes en Negueira de Muñiz
Caza, pesca, tenreira, viños locais … delicias que podes degustar nos restaurantes de Negueira de Muñiz.
Un lugar ideal para practicar pesca deportiva e coñecer a oferta hoteleira do noso territorio.