Tesouros por descubrir en Ribeira de Piquín
Ribeira de Piquín ten lugares de natureza case virxe e cun carácter etnográfico único. Lugares que permiten contemplar paisaxes espectaculares como a que se pode ver dende o Mirador de San Xurxo ou Barangón. Diferentes áreas recreativas de todo o municipio invitan a relaxarse, ao igual que a zona da Retorta ou a praia fluvial do Chao de Pousadoiro. Ribeira de Piquín ten unha arquitectura relixiosa de gran valor como as capelas de Baragón, Ouviaño e a igrexa de Santalla, entre moitas outras. A mirada énchese de beleza en lugares sorprendentes como a Aceña do Fidalgo. A arquitectura popular tamén convive entre bosques autóctonos, montañas e ríos como o Muiño de Andrés ou as casas típicas cos seus hórreos nas moitas aldeas que podes visitar. Visitar Ribeira de Piquín é deixar descubrir aos sentidos lugares sorprendentes cheos de historia, cultura, lendas e valioso patrimonio.
Ribeira de Piquín, un lugar para gozar
Aloxamentos rurais, restaurantes e actividades para descubrir o noso concello.
Restaurantes en Ribeira de Piquín
Nesta zona da montaña luguesa chamada Ribeira de Piquín temos para ti e os teus ese encanto especial que lle confire aos nosos produtos gastronómicos un sabor único e auténtico.
Aloxamentos en Ribeira de Piquín
Calidade e amabilidade é o que atoparás no turismo rural en Ribeira de Piquín, onde as casas rurais están en perfecta armonía coa pureza da paisaxe da comarca.
Sendeirismo en Ribeira de Piquín
En Ribeira de Piquín hai tres rutas homologadas que podes escoller, manterte en forma, gozar das vistas ou coñecer a cultura e a gastronomía do noso entorno.
Natureza en Ribeira de Piquín
A natureza da Ribeira de Piquín caracterízase pola paisaxe formada polo río Eo no seu curso alto. Vales e montañas profundas con espazos cheos de vexetación.
Historia en Ribeira de Piquín
Recorre as innumerables mostras patrimoniais de Ribeira de Piquín, coñece a igrexa dos Baos e as súas caveiras, así como a capela hexagonal de Boel.
Cultura en Ribeira de Piquín
Os montes da provincia de Lugo están cheos de tesouros únicos, como as moitas aldeas que se atopan no concello de Ribeira de Piquín.
Festexo da Troita de Ribeira de Piquín
Esta festa da Ribeira de Piquín ten como principal protagonista a pesca da troita. Nela, que se celebra en maio, hai varias actividades, incluído un concurso de pesca nas variedades de arrastre, cebo e mosca, comida popular e verbena.