Ribeira de Piquín
Un patrimonio para coñecer
Igrexas e capelas entre ríos e montañas
A historia de Ribeira de Piquín é un presente con pasado romano e restos arqueolóxicos celtas e precélticos. As primeiras referencias a Ribeira de Piquín remóntanse ao século XI. Un territorio onde houbo varias revoltas contra o señor feudal e tamén no século XII houbo revoltas contra a invasión francesa.
Esta terra poboada desde tempos remotos, ten a súa capital municipal no Chao do Pousadoiro. Un fermoso val rodeado de montañas e lugares con tesouros arquitectónicos que conservan todo o seu carácter.
Ribeira de Piquín está ligada a Terras de Burón. Establecéndose en 1935 como Concello.
Percorre as innumerables mostras patrimoniais de Ribeira de Piquín, coñece a igrexa dos Baos e as súas caveiras, a capela hexagonal de Boel. Á beira do río EO atoparás varias igrexas como San Xurxo de Piquín, que data de 1782, de gran valor social e cultural.
Patrimonio e Turismo en Ribeira de Piquín
Capela de Boel
A capela hexagonal de Boel, construída en pedra e cun tellado de lousa, era a capela da chamada “Casa de Piquín” e data do ano 1550.
San Xoan dos Baos
O máis destacado da igrexa de San Xoan de Baos son as cinco caveiras sen mandíbula inferior, que están incrustadas na parede, nunha disposición xeométrica.
San Xurxo de Piquín
A igrexa de San Xurxo, está situada á beira do río Eo, concretamente na súa marxe esquerda. De estilo neoclásico, foi construído cara a 1782.
Ribeira de Piquín, un lugar para gozar
Aloxamentos rurais, restaurantes e actividades para descubrir o noso concello.
Restaurantes en Ribeira de Piquín
Nesta zona da montaña luguesa chamada Ribeira de Piquín temos para ti e os teus ese encanto especial que lle confire aos nosos produtos gastronómicos un sabor único e auténtico.
Aloxamentos en Ribeira de Piquín
Calidade e amabilidade é o que atoparás no turismo rural en Ribeira de Piquín, onde as casas rurais están en perfecta armonía coa pureza da paisaxe da comarca.
Sendeirismo en Ribeira de Piquín
En Ribeira de Piquín hai tres rutas homologadas que podes escoller, manterte en forma, gozar das vistas ou coñecer a cultura e a gastronomía do noso entorno.
Natureza en Ribeira de Piquín
A natureza da Ribeira de Piquín caracterízase pola paisaxe formada polo río Eo no seu curso alto. Vales e montañas profundas con espazos cheos de vexetación.
Lugares en Ribeira de Piquín
Tesouros por descubrir en Ribeira de PiquínRibeira de Piquín ten lugares de natureza case virxe e...
Cultura en Ribeira de Piquín
Os montes da provincia de Lugo están cheos de tesouros únicos, como as moitas aldeas que se atopan no concello de Ribeira de Piquín.
Festexo da Troita de Ribeira de Piquín
Esta festa da Ribeira de Piquín ten como principal protagonista a pesca da troita. Nela, que se celebra en maio, hai varias actividades, incluído un concurso de pesca nas variedades de arrastre, cebo e mosca, comida popular e verbena.