Sendeirismo polas Terras de Burón
adéntrate na natureza
rutas para vivir o noso territorio
Un espazo único para explorar
Unha das experiencias que non debes perder o teu paso polas Terras de Burón é o sendeirismo, unha excelente forma de contemplar a beleza das súas paisaxes e os seus encantos naturais practicando deporte ao aire libre.
Terras de Burón É un vasto espazo único de natureza virxe situado na Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón, a Rede Natura 2000 e varias áreas especiais de conservación ZEC.
Terras de Burón está composto por Á Fonsagrada, Ribeira de Piquín e Negueira de Muñiz . Con varias rutas en todas as zonas, homologadas e en fase de aprobación.
Rutas na Fonsagrada
A Fonsagrada ten diferentes rutas señalizadas e homologadas pola Federación Galega de Montañismo, cada unha delas cun grao de dificultade diferente. Rutas tanto para a familia como para os camiñantes máis experimentados.
Rutas en Negueira de Muñiz
A Ruta Navia, en fase de aprobación, é unha ruta de 15 km de lonxitude, de dificultade media que se completa en 5 horas. Nela descubriremos as paisaxes de Negueira de Muñiz.
Camiña polas nosas rutas
Descubre lugares máxicos onde o tempo non pasa, camiños tradicionais onde gozar das paisaxes e dos recunchos das Terras de Burón
Descubre os tesouros das Terras de Burón
Fervenzas, praias fluviais, ríos, bosques autóctonos, montañas, pasarelas colgantes, aldeas tradicionais, antigas edificacións, minas, restos romanos … Camiñando polas rutas de sendeirismo das Terras de Burón podes descubrir todos os tesouros dun destino de vacacións que te espera para que teñas as mellores experiencias.
Terras de Burón, o lugar ideal non só para practicar sendeirismo, senón tamén para gozar da súa gastronomía única e para os amantes do turismo rural.