Seimeira de Vilagocende
A fervenza máis alta de Galicia.
Seimeira de Vilagocende
Espectacular fervenza que a natureza nos brinda no lugar de Vilagocende. Nas Terras de Burón, na Fonsagrada e dentro da ruta de sendeirismo que leva o mesmo nome. Unha seimeira de 54 metros de altura que ademais de ser unha obra de arte natural, é a fervenza máis alta de Galicia
Un camiño entre bosques de carballos e piñeiros lévanos a Seimeira. Unha ponte de madeira dá acceso á base e nos seus arredores acóllenos un bosque de ribeira e unha agradable zona de picnic para gozar de toda a súa beleza.
É un privilexio coñecer de preto a seimeira de Vilagocende, coas augas procedentes do río Porteliña, que deciden o seu camiño para facer unha impresionante caída. Un espectáculo digno de admiración, dentro deste territorio que forma parte da Reserva da Biosfera Terras de Burón.
A Fonsagrada, moito que ofrecer
No noso municipio espérache unha oferta de calidade en aloxamentos rurais, restaurantes e lugares para descubrir.
Gastronomía na Fonsagrada
Ademais da paisaxe, A Fonsagrada é coñecida pola boa comida, elaborada con ingredientes naturais de máxima calidade que lle dan aos nosos pratos un auténtico sabor que deleita os padais máis esixentes. Restaurantes en A...
Aloxamentos na Fonsagrada
Planifica a tua axenda, busca ese oco que ansias para disfrutar e achégate ao turismo rural de calidade que che ofrecemos na Fonsagrada.
Rutas na Fonsagrada
Os amantes da natureza teñen unha variedade de rutas de sendeirismo na Fonsagrada, para camiñar, andar en bicicleta ou montar a cabalo; calquera momento é bo para facelos sós, coa familia, os amigos ou coa túa mascota.
Natureza na Fonsagrada
O territorio deste concello está formado por maxestuosas montañas e profundos vales fluviais, zonas de especial conservación cunha paisaxe única chea de vida.
Lugares da Fonsagrada
A Fonsagrada e toda a súa rexión está chea de lugares incribles por descubrir. Aparecen lendas en todos os recunchos que se mesturan coa paisaxe, o patrimonio e a cultura.
Cultura na Fonsagrada
Case todas as aldeas da Fonsagrada están situadas nunha zona montañosa, que as enche de paisaxes espectaculares e unha natureza case intacta.
Museo da Fonsagrada
Foi fundado en 1984 por un patrocinio de veciños da Fonsagrada e conta con pezas de etnografía, arqueoloxía e arte contemporánea.
Historia na Fonsagrada
A Fonsagrada, segue conservando un patrimonio que conocerás se vas ás Terras de Burón ou camiñas polo Camiño Primitivo de Santiago.
Festas na Fonsagrada
As festas da Fonsagrada teñen cada vez máis seguidores, debido á calidade dos seus eventos e ao estar nun lugar privilexiado de especial beleza paisaxística.
Cervexas Píntega
Cervexa artesá en Castro de Fonfría, A Fonsagrada. Visita o noso obradoiro e ofrecémosche que probes a nosa cervexa nunha experiencia chea de sabores.
Lugares da Fonsagrada
A Fonsagrada e toda a súa rexión está chea de lugares incribles por descubrir. Aparecen lendas en todos os recunchos que se mesturan coa paisaxe, o patrimonio e a cultura.