Ribeira de Piquín
un concello marcado polo río Eo
lecer e natureza
un lugar para disfrutar
Planifica os teus momentos de lecer e achégate a Ribeira de Piquín para descubrir ás beiras do río Eo todo un mundo de tesouros patrimoniais e paisaxísticos. Unha terra de gaiteiros famosos que activará todos os teus sentidos.
Aventúrate a gozar do turismo rural e beneficiarte de todos os agasallos que a natureza viva che ofrece neste territorio. Deixa que a bondade da súa xente faga a súa estancia inesquecible neste enclave case descoñecido, con impresionantes montañas e vales cheos dunha paz que te encherá.
disfruta dos nosos cotos de pesca
Pesca en Ribeira de Piquín
O río Eo, natureza virxe, exemplares de troita e salmón … todo isto nun territorio que che ofrece unha oferta variada en establecementos de turismo rural e gastronomía de primeira calidade. Planifica as túas fins de semana en Ribeira de Piquín para practicar a túa afección favorita e poderás practicar diferentes estilos de pesca: sen morte, tradicional e libre con varias posibilidades de cebo.
Ribeira de Piquín atópase dentro da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón e na rede Natura 2000, que ofrece varias Áreas de Conservación Especial como ZEC Carballido e Zec Rio Eo. Un territorio cunha gran biodiversidade que che fará sentirche dentro dun espazo onde só importa a natureza.
Rutas de sendeirismo e ciclismo, gastronomía, festas, pesca, miradoiros, áreas recreativas …
Ribeira de Piquín, experiencias para vivir
Ven a Ribeira de Piquín e percorre as diferentes rutas e sendeiros dende O Chao do Pousadoiro axeitadas para calquera amante do sendeirismo. Descubre fervenzas, como a “Pena dos Portelos”. Descansa en áreas recreativas á beira de ríos como o EO ou o Rodil, deixándote levar polos sons da natureza.
Descubre miradoiros onde gozarás de incribles vistas panorámicas sobre vales de gran riqueza agrícola e gandeira. Sinte un pasado romano e visita monumentos onde destacan os templos parroquiais de San Xoán dos Baos e San Xurxo de Piquín.
Non esquezas coñecer a tradición das festas populares que se celebran ao longo do ano, como o “Festexo da Troita”, un festival que exalta o deporte da pesca, que reúne a centos de pescadores e afeccionados, realizando concursos de lance, cebo e mosca. Tanto se che gusta pescar coma se non, os “ribeiregos” contaxiaranche do seu espírito festivo.
Ademais de descubrir a súa deliciosa cociña tradicional coa apreciada troita, derivados do porco acompañados de produtos da horta e ricas sobremesas caseiras, que deixarán sabores no teu padal para repetir.
Miradoiro de Barangón
Construído en madeira, o miradoiro de Barangón é un lugar para contemplar como o ceo parece bicar a terra. Quizais sexa un dos mellores miradoiros para observar gran parte dos vales e montañas de Ribeira de Piquín.
Desde o miradoiro de Baragón pódese practicar parapente e a súa dobre pendente, fai que a mirada capte todo o esplendor dunha paisaxe idílica coas casas e a igrexa de Baragón nunha delas e o fértil val de Santalla no outro. Bosques, ríos, montañas e máis aldeas cargadas de historia e natureza do concello de Ribeira de Piquín.
Concello de Ribeira de Piquín
Chao de Pousadoiro, s / n. 27242 Ribeira de Piquín, Lugo, España.
Tel. +34 982 333 601
as mellores experiencias
Turismo rural, gastronomía e aventuras en Ribeira de Piquín
Restaurantes en Ribeira de Piquín
Nesta zona da montaña luguesa chamada Ribeira de Piquín temos para ti e os teus ese encanto especial que lle confire aos nosos produtos gastronómicos un sabor único e auténtico.
Aloxamentos en Ribeira de Piquín
Calidade e amabilidade é o que atoparás no turismo rural en Ribeira de Piquín, onde as casas rurais están en perfecta armonía coa pureza da paisaxe da comarca.
Sendeirismo en Ribeira de Piquín
En Ribeira de Piquín hai tres rutas homologadas que podes escoller, manterte en forma, gozar das vistas ou coñecer a cultura e a gastronomía do noso entorno.
Natureza en Ribeira de Piquín
A natureza da Ribeira de Piquín caracterízase pola paisaxe formada polo río Eo no seu curso alto. Vales e montañas profundas con espazos cheos de vexetación.
Lugares en Ribeira de Piquín
Tesouros por descubrir en Ribeira de PiquínRibeira de Piquín ten lugares de natureza case virxe e cun carácter etnográfico único. Lugares que...
Cultura en Ribeira de Piquín
Os montes da provincia de Lugo están cheos de tesouros únicos, como as moitas aldeas que se atopan no concello de Ribeira de Piquín.
Historia en Ribeira de Piquín
Recorre as innumerables mostras patrimoniais de Ribeira de Piquín, coñece a igrexa dos Baos e as súas caveiras, así como a capela hexagonal de Boel.
Festexo da Troita de Ribeira de Piquín
Esta festa da Ribeira de Piquín ten como principal protagonista a pesca da troita. Nela, que se celebra en maio, hai varias actividades, incluído un concurso de pesca nas variedades de arrastre, cebo e mosca, comida popular e verbena.