Pensión Casa Manolo

No centro da Fonsagrada, a Pensión Casa Manolo é unha empresa familiar que ofrece aos seus hóspedes un establecemento acolledor e un trato cordial.

 

Bo acceso e moitos servizos

Pensión Casa Manolo, ten un garaxe para bicicletas, non é difícil aparcar coches na rúa e as cómodas habitacións son exteriores, con todo o necesario para o seu bo descanso, sen esquecer a conexión wifi no establecemento.

Síntete como na casa

O paso do Camiño Primitivo a Santiago está moi preto, destaca a amabilidade dos propietarios de Casa Manolo que poden ofrecer información turística a disposición dos clientes. Ademais do aloxamento, podes gozar do almorzo, xantar e cea. Na pensión Casa manolo fanche sentir como na casa.

As nosas habitacións

Ven a descubrir todo o que a Fonsagrada che pode ofrecer. Dende a Pensión Casa Manolo podes coñecer a comarca das Terras de Burón, situada nun territorio que forma parte das Reservas da Biosfera, a Rede Natura 2000 e a Rede Xeodestinos de Galicia.

Comida caseira

Aproveita tamén para degustar a coñecida e saborosa gastronomía da zona, na Pensión Casa Manolo tes un excelente menú do día e non esquecen aos que aman o vexetariano, o vegano ou a comida para celíacos.

Xusto na Fonsagrada

Tes ao teu alcance a oportunidade de gozar dun lugar acolledor, un ambiente moi coidado na Casa Manolo e unha incrible paisaxe da rexión.

 

Ven a coñecer A Fonsagrada e disfruta do noso establecemento

Rutas na Fonsagrada

Rutas na Fonsagrada

Os amantes da natureza teñen unha variedade de rutas de sendeirismo na Fonsagrada, para camiñar, andar en bicicleta ou montar a cabalo; calquera momento é bo para facelos sós, coa familia, os amigos ou coa túa mascota.

Natureza na Fonsagrada

Natureza na Fonsagrada

O territorio deste concello está formado por maxestuosas montañas e profundos vales fluviais, zonas de especial conservación cunha paisaxe única chea de vida.

Lugares da Fonsagrada

Lugares da Fonsagrada

A Fonsagrada e toda a súa rexión está chea de lugares incribles por descubrir. Aparecen lendas en todos os recunchos que se mesturan coa paisaxe, o patrimonio e a cultura.

Cultura na Fonsagrada

Cultura na Fonsagrada

Case todas as aldeas da Fonsagrada están situadas nunha zona montañosa, que as enche de paisaxes espectaculares e unha natureza case intacta.

Historia na Fonsagrada

Historia na Fonsagrada

A Fonsagrada, segue conservando un patrimonio que conocerás se vas ás Terras de Burón ou camiñas polo Camiño Primitivo de Santiago.

Museo da Fonsagrada

Museo da Fonsagrada

Foi fundado en 1984 por un patrocinio de veciños da Fonsagrada e conta con pezas de etnografía, arqueoloxía e arte contemporánea.

Cervexas Píntega

Cervexas Píntega

Cervexa artesá en Castro de Fonfría, A Fonsagrada. Visita o noso obradoiro e ofrecémosche que probes a nosa cervexa nunha experiencia chea de sabores.

Equusfera

Equusfera

Equusfera, está dedicado á equitación, unha experiencia fascinante para os amantes dos deportes ecuestres, dos cabalos e da natureza.

Contacto

Teléfono
+34
982 340 408

Rúa Burón 35 , 27100 A Fonsagrada,

Lugo, España

Share This