Oficina de Turismo de

A Fonsagrada

 

TODA A INFORMACIÓN QUE NECESITA DE TERRAS DE BURÓN

Unha atención especializada ao viaxeiro

A oficina de turismo é a organización encargada de proporcionar información aos turistas e peregrinos que visitan Terras de Burón co fin de facilitar a súa decisión de viaxar, facer posible a súa estadía e reducir o risco de experiencias negativas durante a súa viaxe, influíndo positivamente na imaxe do destino turístico. É pública e sen ánimo de lucro para manter a neutralidade e a calidade da información sen prexuízos comerciais. Esta dependencia é a única oficina de turismo aberta durante todo o ano no xeodestino turístico dos Ancares-Terras de Burón.

A información subministrada inclúe información de contacto para os prestadores de servizos turísticos (aloxamento, guías, restaurantes, transporte …); atraccións, lugares, eventos, actividades de interese, horarios, tarifas, rutas, suxestións de seguridade e outra información relevante para turistas e peregrinos. Rutas guiadas de sendeirismo e turismo para grupos. A oficina de turismo ofrece materiais informativos gratuítos como mapas, planos, folletos, carteis e listas de empresas da zona e outras cousas interesantes.

Ofrece atención especializada cun profesional experto en turismo e idiomas que responde persoalmente aos visitantes e tamén a todas as solicitudes de información que se fan de xeito remoto.

Está situado preto do Concello, do Museo Etnográfico Rexional, a almeda Gil Portela e do aparcadoiro municipal.

PODEMOS AXUDALO?

CONTACTO TELEFÓNICO

+34 982 34 05 04

CONCELLO DA FONSAGRADA

Share This