Negueira de Muñiz
Se buscas un lugar ideal para fuxir do bullicio, Negueira de Muñiz ofréceche a calma que necesitas. Descubre un paraíso cheo de recunchos intactos acariñados polo río Navia.
paz e tranquilidade entre aromas de bo viño.
Descubre o río Navia con fortes pendentes e viñedos antigos, que serán testemuñas da emoción que te invade baixo un ceo despexado, rodeado de natureza, mentres camiñas descubrindo paisaxes sorprendentes acompañadas dun clima suave e benigno.
Ven a gozar do turismo rural nun lugar cun patrimonio de restos arqueolóxicos, monumentos e cultura que farán do teu tempo libre un refuxio de felicidade que te contaxia coa calor dos seus habitantes.
Saborea a súa gastronomía preparada de xeito tradicional con produtos naturais como grelos ou carne de caza como corzos e xabarís, que xunto coas deliciosos postres caseiros deleitan aos padais máis esixentes.
Déixate invadir pola felicidade das festas populares e adéntrate no mundo do viño na súa consolidada “Feira do Viño”, á que asisten moitos asistentes para degustar os espectaculares “caldos” dos adegueiros da comarca.
Negueira de Muñiz forma parte da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón e da Rede Natura 2000, aportando a Área de Conservación Especial: ZEC Negueira de Muñiz.
Enoturismo e moito máis …
Negueira de Muñiz invítate a coñecer as súas paisaxes e os seus viños. Cultivado nas ladeiras á beira do río Navia e elaborado con uvas brancas lexítimas, sorodo tinto, mencía … ofrecendo extraordinarias variedades de viños que debes disfrutar.
As adegas de Negueira de Muñiz
adega sidrón
adega panchín
Turismo Rural en Negueira de Muñiz
gozar da tranquilidade, a mellor cociña caseira e moitos lugares para visitar
Restaurantes en Negueira de Muñiz
Caza, pesca, tenreira, viños locais … delicias que podes degustar nos restaurantes de Negueira de Muñiz.
Turismo Rural en Negueira de Muñiz
Ven a descubrir outro xeito diferente de relax e goce en Negueira de Muñiz, con aloxamentos e cómodas casas rurais para gozar da contorna.
Feira do Viño de Negueira de Muñiz
A Festa do Viño de Negueira de Muñiz, celébrase o terceiro fin de semana do mes de abril. Nela poderás gozar dos excelentes viños da zona.
Lugares en Negueira de Muñiz
Falar de Negueira de Muñiz é facelo da combinación perfecta de patrimonio e paisaxe. Natureza pura chea de auténticos tesouros.
Cultura en Negueira de Muñiz
As localidades de Negueira, acompañadas do río Navia, forman un valioso conxunto de patrimonio paisaxístico, cultural e arquitectónico.
Historia en Negueira de Muñiz
A treintena de lugares que forman o Concello de Negueira de Muñiz posúen desde a prehistoria un gran patrimonio arqueolóxico.
Natureza en Negueira de Muñiz
O relevo de Negueira de Muñiz é montañoso. Situado ao redor do encoro de Grandas de Salime, onde se forman vales e fortes pendentes que lle dan unha paisaxe incrible.
O País do Abeyeiro
O País do Abeyeiro, unha casa familiar de pedra e lousa de principios do século XX, rehabilitada e convertida nun lugar para dar vida ao valioso mundo apícola e coñecer o mundo das abellas.
Concello de Negueira de Muñiz
Negueira de Muñiz, s / n. 27113 Negueira, Lugo, España.
Tel. +34 982 353 303