Natureza en Negueira de Muñiz
Biodiversidade e natureza.
Relevo montañoso e paisaxes espectaculares
Contacta coa natureza
Castiñeiral de Tallobre
Tallobre é unha pequena aldea da parroquia de Ouviaño, no concello lugués de Negueira de Muñiz. Ten unha beleza peculiar e un patrimonio digno de coñecer.
En Tallobre, ademais do muíño restaurado, hai lugares cheos de encanto que parecen máxicos como o Castiñeiral de Tallobre. Este “souto” tradicional que presenta as características da zona, está formado por castiñeiros centenarios que parecen acariñar o ceo e descender polas ladeiras cara ao río Navia.
Este bosque é unha parte fundamental do patrimonio paisaxístico de Negueira de Muñiz. Podémolo visitar en calquera época do ano, destacando o outono pola gran variedade de cores que adquiren as follas de castiñeiro.
Á beira do encoro de Grandas de Salime
Encoro de Grandas de Salime
Ao pasar o encoro por Negueira de Muñiz, a natureza ofrécenos paisaxes impresionantes, bosques autóctonos en fortes pendentes que fan deste municipio un lugar idílico.
Serras de Busbeirón e A Curula
Estes dous puntos de alta montaña son lugares ideais para os amantes da natureza e para practicar sendeirismo ou deportes de montaña.
Situados en Negueira de Muñiz, ofrecen amplas vistas panorámicas de toda a rexión e das grandes ladeiras que forman os tranquilos vales sobre o río Navia dende os seus cumios.
Busbeirón e Curula forman parte do impresionante relevo montañoso de Negueira de Muñiz. Rodeando o encoro de Grandas de Salime como fieis gardiáns.
Estas altas montañas de Lugo forman parte da Reserva da Biosfera Eo-Oscos-Terras de Burón, os Xeo-destinos de Galicia e a Rede Natura 2000. Son os puntos máis altos de Negueira de Muñiz, fronteiriza con Asturias.
Os vales ao pé destas montañas están cheos de recunchos naturais case intactos e tamén de construcións típicas que se conservaron ao longo do tempo.
Turismo en Negueira de Muñiz
Un paraíso para disfrutar
Restaurantes en Negueira de Muñiz
Caza, pesca, tenreira, viños locais … delicias que podes degustar nos restaurantes de Negueira de Muñiz.
Turismo Rural en Negueira de Muñiz
Ven a descubrir outro xeito diferente de relax e goce en Negueira de Muñiz, con aloxamentos e cómodas casas rurais para gozar da contorna.
Feira do Viño de Negueira de Muñiz
A Festa do Viño de Negueira de Muñiz, celébrase o terceiro fin de semana do mes de abril. Nela poderás gozar dos excelentes viños da zona.
Cultura en Negueira de Muñiz
As localidades de Negueira, acompañadas do río Navia, forman un valioso conxunto de patrimonio paisaxístico, cultural e arquitectónico.
Lugares en Negueira de Muñiz
Falar de Negueira de Muñiz é facelo da combinación perfecta de patrimonio e paisaxe. Natureza pura chea de auténticos tesouros.
O País do Abeyeiro
O País do Abeyeiro, unha casa familiar de pedra e lousa de principios do século XX, rehabilitada e convertida nun lugar para dar vida ao valioso mundo apícola e coñecer o mundo das abellas.
Historia en Negueira de Muñiz
A treintena de lugares que forman o Concello de Negueira de Muñiz posúen desde a prehistoria un gran patrimonio arqueolóxico.