IGREXA DE SAN XOÁN DOS VAOS

Nun pequeno promontorio rodeado polo río Rodil, atópase a aldea dos Vaos, nome que tamén recibe a igrexa e que non podes perderte nesa escapada que buscas.

Goza do teu paseo en plena natureza mentres subes á igrexa, onde serás recibido por un tradicional muro de pedra e coñecerás a hora polo reloxo de sol feito na lousa.

A Igrexa dos Vaos ten tres naves cubertas de lousa, cun fermoso campanario, pertence á orde de San Juan de Malta e destaca por ter cinco caveiras sen a mandíbula inferior, incrustadas no muro, cunha disposición xeométrica sobre unha fiestra con vistas ao cemiterio, xusto diante da porta principal.

Visitar a Igrexa dos Vaos non deixa indiferente a ninguén, porque en si mesma é unha auténtica beleza, a paisaxe natural dálle un toque especial e as diferentes lendas sobre as caveiras a rodean de misterio. Aínda que a crenza máis estendida é que estas caveiras pertencen aos fundadores da igrexa, que posiblemente fosen irmáns.

No interior encalado da Igrexa dos Vaos, o retablo maior é de estilo neoclásico e no retablo lateral destaca a imaxe policromada de San Andrés do século XV, de estilo renacentista.

COMO CHEGAR

VISTA 360º

Ribeira de Piquín, un lugar para gozar

Aloxamentos rurais, restaurantes e actividades para descubrir o noso concello.

Restaurantes en Ribeira de Piquín

Restaurantes en Ribeira de Piquín

Nesta zona da montaña luguesa chamada Ribeira de Piquín temos para ti e os teus ese encanto especial que lle confire aos nosos produtos gastronómicos un sabor único e auténtico.

Aloxamentos en Ribeira de Piquín

Aloxamentos en Ribeira de Piquín

Calidade e amabilidade é o que atoparás no turismo rural en Ribeira de Piquín, onde as casas rurais están en perfecta armonía coa pureza da paisaxe da comarca.

Sendeirismo en Ribeira de Piquín

Sendeirismo en Ribeira de Piquín

En Ribeira de Piquín hai tres rutas homologadas que podes escoller, manterte en forma, gozar das vistas ou coñecer a cultura e a gastronomía do noso entorno.

Natureza en Ribeira de Piquín

Natureza en Ribeira de Piquín

A natureza da Ribeira de Piquín caracterízase pola paisaxe formada polo río Eo no seu curso alto. Vales e montañas profundas con espazos cheos de vexetación.

Cultura en Ribeira de Piquín

Cultura en Ribeira de Piquín

Os montes da provincia de Lugo están cheos de tesouros únicos, como as moitas aldeas que se atopan no concello de Ribeira de Piquín.

Historia en Ribeira de Piquín

Historia en Ribeira de Piquín

Recorre as innumerables mostras patrimoniais de Ribeira de Piquín, coñece a igrexa dos Baos e as súas caveiras, así como a capela hexagonal de Boel.

Festexo da Troita de Ribeira de Piquín

Festexo da Troita de Ribeira de Piquín

Esta festa da Ribeira de Piquín ten como principal protagonista a pesca da troita. Nela, que se celebra en maio, hai varias actividades, incluído un concurso de pesca nas variedades de arrastre, cebo e mosca, comida popular e verbena.

Share This