Hotel Rural A Roxoa
Achégate ao turismo rural de calidade que che ofrece Terras de Burón, na montaña de Lugo e na Rede Natura 2000, un lugar marabilloso que forma parte das Reservas da Biosfera da Unesco. O Hotel Rural A Roxoa, na Fonsagrada, é un lugar ideal cun tratamento inmellorable onde pasar unhas vacacións lonxe do bullicio.
Hotel acolledor
O Hotel Rural A Roxoa, este acolledor hotel de unha estrela, está situado en Lamas de Moreira, no lugar da Tumbiadoira que pertence ao Concello da Fonsagrada e desde 2006 a amabilidade, o bo servizo e as coidadas instalacións forman parte de encanto que fará a túa estancia moi agradable.
Gastronomía en A Roxoa
Unha deliciosa comida caseira que se derrete no padal, filetes, solombos, embutidos, churrasco, bacallau, fabas con ameixas ou pementos recheos son algúns dos apetitosos pratos que, xunto con sobremesas caseiras, se serven na Roxoa
As nosas habitacións
As 6 fermosas habitacións, equipadas con todo o necesario para o seu confort, acceso para persoas con discapacidade e toda a beleza do entorno fan de A Roxoa o destino ideal para ir tamén con nenos, relaxarse e saborear a recoñecida cociña local preparada cos mellores produtos.
Natureza na montaña
Algo único por descubrir en persoa, calidade e prezo van da man no Hotel Rural A Roxoa, onde te sentirás como en casa e podes gozar de multitude de actividades en plena natureza, deportes de montaña ou rutas de sendeirismo, coñecer toda a cultura e o enorme patrimonio da Fonsagrada.
Desde 2006
A experiencia e o bo servizo ao cliente caracterizan ao Hotel Rural A Roxoa. Goza da natureza e da excelente gastronomía que che ofrece.
Ven a coñecer A Fonsagrada e goza do noso establecemento
Rutas na Fonsagrada
Os amantes da natureza teñen unha variedade de rutas de sendeirismo na Fonsagrada, para camiñar, andar en bicicleta ou montar a cabalo; calquera momento é bo para facelos sós, coa familia, os amigos ou coa túa mascota.
Natureza na Fonsagrada
O territorio deste concello está formado por maxestuosas montañas e profundos vales fluviais, zonas de especial conservación cunha paisaxe única chea de vida.
Lugares da Fonsagrada
A Fonsagrada e toda a súa rexión está chea de lugares incribles por descubrir. Aparecen lendas en todos os recunchos que se mesturan coa paisaxe, o patrimonio e a cultura.
Cultura na Fonsagrada
Case todas as aldeas da Fonsagrada están situadas nunha zona montañosa, que as enche de paisaxes espectaculares e unha natureza case intacta.
Historia na Fonsagrada
A Fonsagrada, segue conservando un patrimonio que conocerás se vas ás Terras de Burón ou camiñas polo Camiño Primitivo de Santiago.
Festas na Fonsagrada
As festas da Fonsagrada teñen cada vez máis seguidores, debido á calidade dos seus eventos e ao estar nun lugar privilexiado de especial beleza paisaxística.
Museo da Fonsagrada
Foi fundado en 1984 por un patrocinio de veciños da Fonsagrada e conta con pezas de etnografía, arqueoloxía e arte contemporánea.
Lugares da Fonsagrada
A Fonsagrada e toda a súa rexión está chea de lugares incribles por descubrir. Aparecen lendas en todos os recunchos que se mesturan coa paisaxe, o patrimonio e a cultura.
Cervexas Píntega
Cervexa artesá en Castro de Fonfría, A Fonsagrada. Visita o noso obradoiro e ofrecémosche que probes a nosa cervexa nunha experiencia chea de sabores.