Hotel Pórtico

O teu descanso no camiño primitivo

O Hotel Pórtco é un establecemento acolledor que destaca pola súa decoración, as súas cómodas instalacións e unha exquisita atención ao cliente. Ofrecémosche un descanso de calidade, sen multitudes, na túa peregrinación polo Camiño Primitivo.

Un coidado proxecto de restauración.

Unha casa señorial do 1770 que servía de aloxamento e tenda de ultramarinos na Fonsagrada. É a esencia do Hotel Pórtico. Durante a restauración conserváronse os elementos máis emblemáticos do antigo edificio: a escaleira, as contras das fiestras, unha selección de mobles … Unha decoración moderna que contrasta co carácter da antiga casa.

As habitacións

O hotel ten 9 habitacións, todas con baño e wifi, con posibilidade de almorzo buffet. Limpeza, confort, tranquilidade son as principais características das instalacións do Hotel Pórtico.

diferentes fins de semana

Pasa un fin de semana na Fonsagrada e ven a descubrir o noso hotel. Disfruta da nosa comarca, da nosa gastronomía, das rutas de sendeirismo, da nosa historia e cultura. Ofrecémosche unha fin de semana diferente coñecendo o noso territorio.

disfruta dun hotel familiar

Quédate no noso hotel cando pases pola Fonsagrada polo Camiño Primitivo, estamos entre a sétima e a oitava etapas. Goza dunhas instalacións cómodas e confortables, sen multitudes, de alta calidade, cunha atención ao cliente sen parangón. Todo isto na contorna da Fonsagrada. Planifica unha escapada á nosa rexión e quédate con nós.

Á Fonsagrada, para sentir

Goza das experiencias turísticas que che ofrece o noso concello.

Gastronomía na Fonsagrada

Gastronomía na Fonsagrada

Ademais da paisaxe, A Fonsagrada é coñecida pola boa comida, elaborada con ingredientes naturais de máxima calidade que lle dan aos nosos pratos un auténtico sabor que deleita os padais máis esixentes.  Restaurantes en A...

Rutas na Fonsagrada

Rutas na Fonsagrada

Os amantes da natureza teñen unha variedade de rutas de sendeirismo na Fonsagrada, para camiñar, andar en bicicleta ou montar a cabalo; calquera momento é bo para facelos sós, coa familia, os amigos ou coa túa mascota.

Cultura na Fonsagrada

Cultura na Fonsagrada

Case todas as aldeas da Fonsagrada están situadas nunha zona montañosa, que as enche de paisaxes espectaculares e unha natureza case intacta.

Natureza na Fonsagrada

Natureza na Fonsagrada

O territorio deste concello está formado por maxestuosas montañas e profundos vales fluviais, zonas de especial conservación cunha paisaxe única chea de vida.

Lugares da Fonsagrada

Lugares da Fonsagrada

A Fonsagrada e toda a súa rexión está chea de lugares incribles por descubrir. Aparecen lendas en todos os recunchos que se mesturan coa paisaxe, o patrimonio e a cultura.

Historia na Fonsagrada

Historia na Fonsagrada

A Fonsagrada, segue conservando un patrimonio que conocerás se vas ás Terras de Burón ou camiñas polo Camiño Primitivo de Santiago.

Museo da Fonsagrada

Museo da Fonsagrada

Foi fundado en 1984 por un patrocinio de veciños da Fonsagrada e conta con pezas de etnografía, arqueoloxía e arte contemporánea.

Festas na Fonsagrada

Festas na Fonsagrada

As festas da Fonsagrada teñen cada vez máis seguidores, debido á calidade dos seus eventos e ao estar nun lugar privilexiado de especial beleza paisaxística.

Equusfera

Equusfera

Equusfera, está dedicado á equitación, unha experiencia fascinante para os amantes dos deportes ecuestres, dos cabalos e da natureza.

Cervexas Píntega

Cervexas Píntega

Cervexa artesá en Castro de Fonfría, A Fonsagrada. Visita o noso obradoiro e ofrecémosche que probes a nosa cervexa nunha experiencia chea de sabores.

Contacto

Teléfono

+(34) 630 347 224

Correo

info@hotlportico.es

Dirección

Rúa Maior nº26 A Fonsagrada.

27100 Lugo

España

 

Share This