Hotel Mirador de Barcia
Situado á beira do río Eo, en Ribeira de Piquín, un paraíso natural que forma parte das Reservas da Biosfera e da Rede Natura 2000. No lugar de Barcia, atópase o Hotel Mirador de Barcia, unha mansión restaurada que conserva toda a esencia e respecta o entorno privilexiado que o rodea. Un hotel con encanto, cunha decoración elegante e equipado con todas as comodidades e servizos.
casa vella do pereiro
Moi preto do río, o Hotel Mirador de Barcia, a antiga “Casa do Pereiro”, conserva dous hórreos orixinais e restaurados, dez habitacións amplas e luminosas con personalidade propia e unha suite con acceso ao mirador, jacuzzi, sauna e baño turco. Un lugar idílico para eventos e celebracións ou para pasar días inesquecibles.
Restaurante e bar
O restaurante e bar do Hotel Mirador de Barcia, ademais do almorzo, ofrece pratos á carta e variados menús, peixes e mariscos como vieiras gratinadas, polbo, carnes, guisos e postres caseiros, todas de primeira calidade, para deleite dos comensais.
Eventos empresariais e familiares
No Hotel Mirador de Barcia podes celebrar os teus eventos empresariais: reunións, charlas, teambuilding … temos salas para duascentas persoas equipadas con tecnoloxía audiovisual onde tamén podes celebrar as túas reunións familiares.
Actividades e relaxación
Ademais de relax e gastronomía, podes facer sendeirismo, descubrir as espectaculares “seimeiras” e gozar do turismo activo que che ofrece o hotel, como rutas en canoa, bicicleta de montaña ou simplemente gozar da tranquilidade de todo o que te rodea.
Barcia e Ribeira de Piquín
Toda a zona de Ribeira de Piquín é maxestuosa en paisaxe, cultura e arquitectura popular, todo elo podes disfrutalo desde o Hotel Mirador de Barcia.
Ven a coñecer Ribeira de Piquín e goza do noso establecemento
Sendeirismo en Ribeira de Piquín
En Ribeira de Piquín hai tres rutas homologadas que podes escoller, manterte en forma, gozar das vistas ou coñecer a cultura e a gastronomía do noso entorno.
Natureza en Ribeira de Piquín
A natureza da Ribeira de Piquín caracterízase pola paisaxe formada polo río Eo no seu curso alto. Vales e montañas profundas con espazos cheos de vexetación.
Cultura en Ribeira de Piquín
Os montes da provincia de Lugo están cheos de tesouros únicos, como as moitas aldeas que se atopan no concello de Ribeira de Piquín.
Festexo da Troita de Ribeira de Piquín
Esta festa da Ribeira de Piquín ten como principal protagonista a pesca da troita. Nela, que se celebra en maio, hai varias actividades, incluído un concurso de pesca nas variedades de arrastre, cebo e mosca, comida popular e verbena.
Contacto
Teléfono
+34699 029 889
Correo
info@hotelmiradordebarcia.es
Barcia 3 , 27242 Ribeira de Piquín,
Lugo, España