Fonsagrada polas súas aldeas
Cultura rural arraigada no noso concello
Case todas as aldeas da Fonsagrada están situadas nunha zona montañosa, que as enche de paisaxes espectaculares con vistas inigualables e unha natureza case intacta. Moitas delas agochan restos arqueolóxicos como mámoas ou castros, entre ríos de auga cristalina con marabillosas seimeiras ou fervenzas, ademais de bosques con árbores centenarias e unha arquitectura popular que, xunto co patrimonio relixioso, fan das aldeas da Fonsagrada lugares únicos .
As fermosas vistas panorámicas con acolledoras áreas recreativas, casas antigas, hórreos e lugares pintorescos conforman o conxunto das aldeas da Fonsagrada, nas que non debemos esquecer a esencial cultura rural.
A proba de Burón
Esta parroquia do concello lugués da Fonsagrada, foi a capital do “Concello de Burón”, situada na parte occidental da conca alta do río Navia, está chea dun gran patrimonio paisaxístico, de monumentos con historia e lendas, e tamén con arquitectura popular digna de admiración. Algunhas das súas rúas levan o nome de personaxes que forman parte da historia mundial.
Catro fermosas vilas forman esta parroquia, cada unha delas con miles de encantos en calquera recuncho, onde a tranquilidade, a natureza e o paso do Camiño Primitivo fan da Proba de Burón un lugar ideal para visitar.
Destaca o castelo, pertencente aos condes de Altamira, coñecido como “A Fortaleza”.
Todo o fermoso entorno de Proba de Burón forma parte da Reserva da Biosfera EO-Oscos-Terras de Burón, Rede Natura 2000, Xeodestinos de Galicia.
A Fonsagrada, moito que ofrecer
No noso municipio espérache unha oferta de calidade en aloxamentos rurais, restaurantes e lugares para descubrir.
Gastronomía na Fonsagrada
Ademais da paisaxe, A Fonsagrada é coñecida pola boa comida, elaborada con ingredientes naturais de máxima calidade que lle dan aos nosos pratos un auténtico sabor que deleita os padais máis esixentes. Restaurantes en A...
Aloxamentos na Fonsagrada
Planifica a tua axenda, busca ese oco que ansias para disfrutar e achégate ao turismo rural de calidade que che ofrecemos na Fonsagrada.
Rutas na Fonsagrada
Os amantes da natureza teñen unha variedade de rutas de sendeirismo na Fonsagrada, para camiñar, andar en bicicleta ou montar a cabalo; calquera momento é bo para facelos sós, coa familia, os amigos ou coa túa mascota.
Natureza na Fonsagrada
O territorio deste concello está formado por maxestuosas montañas e profundos vales fluviais, zonas de especial conservación cunha paisaxe única chea de vida.
Historia na Fonsagrada
A Fonsagrada, segue conservando un patrimonio que conocerás se vas ás Terras de Burón ou camiñas polo Camiño Primitivo de Santiago.
Lugares da Fonsagrada
A Fonsagrada e toda a súa rexión está chea de lugares incribles por descubrir. Aparecen lendas en todos os recunchos que se mesturan coa paisaxe, o patrimonio e a cultura.
Museo da Fonsagrada
Foi fundado en 1984 por un patrocinio de veciños da Fonsagrada e conta con pezas de etnografía, arqueoloxía e arte contemporánea.
Festas na Fonsagrada
As festas da Fonsagrada teñen cada vez máis seguidores, debido á calidade dos seus eventos e ao estar nun lugar privilexiado de especial beleza paisaxística.
Lugares da Fonsagrada
A Fonsagrada e toda a súa rexión está chea de lugares incribles por descubrir. Aparecen lendas en todos os recunchos que se mesturan coa paisaxe, o patrimonio e a cultura.
Cervexas Píntega
Cervexa artesá en Castro de Fonfría, A Fonsagrada. Visita o noso obradoiro e ofrecémosche que probes a nosa cervexa nunha experiencia chea de sabores.