CAPELA DE BOEL
Na Ribeira de Piquín hai unha aldea chamada Boel, posuidora de tesouros naturais e patrimoniais, onde non podía faltar a Igrexa.
Esta particular capela de Boel está dedicada a San José e dise que foi unha prisión durante a guerra da independencia.
Abre as portas do teu interese e visita esta fermosa construción relixiosa de forma hexagonal, construída en pedra e cun típico tellado de lousa onde se sitúa no centro unha cruz de ferro que une as súas augas.
Construída cara ao ano 1550, foi a capela da Casa Piquín e na súa entrada, sobre a porta, hai un escudo con casco, cuartelado e ovalado que amosa figuras superpostas na súa base.
Como todo o entorno natural e máxico da Ribeira de Piquín, a capela tamén ten o seu gran encanto e a ela é moi doado chegar, xa que está situada moi preto da aldea, a carón da estrada, nun campo que seguramente foi testemuña de bágoas e risas.
VISTA 360º
Ribeira de Piquín, un lugar para gozar
Aloxamentos rurais, restaurantes e actividades para descubrir o noso concello.
Restaurantes en Ribeira de Piquín
Nesta zona da montaña luguesa chamada Ribeira de Piquín temos para ti e os teus ese encanto especial que lle confire aos nosos produtos gastronómicos un sabor único e auténtico.
Aloxamentos en Ribeira de Piquín
Calidade e amabilidade é o que atoparás no turismo rural en Ribeira de Piquín, onde as casas rurais están en perfecta armonía coa pureza da paisaxe da comarca.
Sendeirismo en Ribeira de Piquín
En Ribeira de Piquín hai tres rutas homologadas que podes escoller, manterte en forma, gozar das vistas ou coñecer a cultura e a gastronomía do noso entorno.
Natureza en Ribeira de Piquín
A natureza da Ribeira de Piquín caracterízase pola paisaxe formada polo río Eo no seu curso alto. Vales e montañas profundas con espazos cheos de vexetación.
Lugares en Ribeira de Piquín
Tesouros por descubrir en Ribeira de PiquínRibeira de Piquín ten lugares de natureza case virxe e...
Cultura en Ribeira de Piquín
Os montes da provincia de Lugo están cheos de tesouros únicos, como as moitas aldeas que se atopan no concello de Ribeira de Piquín.
Historia en Ribeira de Piquín
Recorre as innumerables mostras patrimoniais de Ribeira de Piquín, coñece a igrexa dos Baos e as súas caveiras, así como a capela hexagonal de Boel.
Festexo da Troita de Ribeira de Piquín
Esta festa da Ribeira de Piquín ten como principal protagonista a pesca da troita. Nela, que se celebra en maio, hai varias actividades, incluído un concurso de pesca nas variedades de arrastre, cebo e mosca, comida popular e verbena.